20140618

"Os teus ollos" - Rivera atienza

Rivera Atienza

Aquí amosámosvos o grupo Rivera Atienza interpretando a composición de Curros "Os teus ollos" o Día das Letras Galegas.






"Os teus ollos" - Aires da miña terra

Ten a serena o canto. Manuel Curros Enríquez
Ten a serena o canto


i a serpe o alento;


o lago ten a onda,


Dios ten o inferno.


Ti tes de abondo

co que tes escondido


neses teus ollos.


O trono dos monarcas,


do sabio os trunfos,

a groria do poeta,

o ouro do mundo:

Dera eso todo

por sólo unha mirada

deses teus ollos.

Buscan os pitorreises


pra faguer niño, 

a herba santa que nace

veira dos ríos.

Eu busco sólo

unha mirada meiga

deses teus ollos.

Cando se pon a lúa


tras dos penedos,

choran as estreliñas

todas do ceo.

Tamén eu choro

cando non me alumean

eses teus ollos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario