20140618

"Os teus ollos" - Cristina Gallardo-Domâs, arreglo: Juan Durán



Cristina Gallardo - Domâs, arreglo: Juan Durán




"Os teus ollos" - Aires da miña terra

Ten a serena o canto. Manuel Curros Enríquez
Ten a serena o canto

i a serpe o alento;

o lago ten a onda,

Dios ten o inferno.
Ti tes de abondo

co que tes escondido

neses teus ollos.



O trono dos monarcas,
do sabio os trunfos,
a groria do poeta,
o ouro do mundo:
Dera eso todo
por sólo unha mirada
deses teus ollos.



Buscan os pitorreises
pra faguer niño, 
a herba santa que nace
veira dos ríos.
Eu busco sólo
unha mirada meiga
deses teus ollos.



Cando se pon a lúa
tras dos penedos,
choran as estreliñas
todas do ceo.
Tamén eu choro
cando non me alumean
eses teus ollos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario