20140618

"Ahí ven o maio" - Tambo

Adaptación de "Ahí ven o maio"

Interpretación levada a cabo por Víctor Castro, Montse Ogando, L.E.Batallán, Coro Kodaly de Cambados e Miguel Túñez.




Ahí ven o maio
Aquí vén o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.


Pasai, rapaciños,

calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno!...



Cando eu me atopare

de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.



¿Queredes castañas

dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos:
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.



Curros Enríquez, Manuel (1996) Aires da miña terra

Ningún comentario:

Publicar un comentario